Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres anos de cárcere para o home que apuñalou unha muller en Marín nun brote psicótico

Tres anos de cárcere para o home que apuñalou unha muller en Marín nun brote psicótico

Grazas ao acordo entre as partes, non se celebrou xuízo e a Fiscalía reduciu a pena de oito a tres anos e seis meses de prisión 

O fiscal aceptou a agravante de aleivosía, a eximente incompleta de alteración psíquica e a atenuante de reparación do dano, despois que o agresor indemnizara a vítima cuns 13.000 euros

O condenado terá que aboar outros 12.000 euros á muller polos danos psicolóxicos e 8.600 euros ao Sergas pola atención sanitaria á vítima

G24.gal 23/02/2024 11:45

A Audiencia de Pontevedra condenou en conformidade a tres anos e medio de prisión un home que, en pleno brote psicótico, acoitelou en Marín unha muller coa que se cruzou pola rúa en febreiro de 2023.

O acordo alcanzado entre as partes evitou que se celebre a vista oral e, en virtude do mesmo, a Fiscalía reduciu de oito a tres anos e seis meses de prisión a pena solicitada para o acusado por un delito de asasinato en grao de tentativa.

O fiscal aceptou a agravante de aleivosía, a eximente incompleta de alteración psíquica e a atenuante de reparación do dano, despois que o agresor indemnizara a vítima cuns 13.000 euros

O fiscal apreciou nos feitos a agravante de aleivosía e a eximente incompleta de alteración psíquica, así como a atenuante de reparación do dano, despois que o agresor aboara uns 13.000 euros á vítima como indemnización.

O condenado terá que abonar ademais outros 12.000 euros á muller polos danos psicolóxicos causados polo seu ataque e uns 8.600 euros ao Servizo Galego de Saúde polos gastos da atención sanitaria que recibiu a vítima.

O tribunal impúxolle tamén a prohibición de aproximarse a menos de 350 metros da vítima ou comunicarse con ela durante cinco anos e quedará en liberdade vixiada outros cinco anos cando se extinga a pena de prisión.

O acusado, de 51 anos e adicto ás drogas, recoñeceu os feitos e aceptou os termos do acordo, polo cal a sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

No momento da agresión, o agora condenado sufría un brote psicótico que "lle impedía comprender e interpretar adecuadamente a súa contorna e obrar libremente segundo a súa comprensión".

O 13 de febreiro de 2023, o acusado, armado cun coitelo, cruzouse coa vítima, coa que non tiña ningunha relación

Os feitos sucederon o 13 de febreiro de 2023 cando o acusado, armado cun coitelo, saíu de casa e cruzouse coa vítima, coa que non tiña ningunha relación.

Coa intención de acabar coa súa vida, atacouna de forma "totalmente sorpresiva", relata o fiscal no seu escrito de acusación, "tratando de eliminar por completo as súas posibilidades de defensa" ao atacala por detrás cun coitelo de quince centímetros.

Tras propinarlle varias coiteladas no tórax e no pescozo, a muller gritou pedindo auxilio e caeu ao chan, onde o seu agresor seguiu acoitelándoa ata que ela conseguiu arrincarlle o coitelo e lanzouno a unha leira próxima, fuxindo o procesado do lugar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade