Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres anos e medio de cadea por intentar acoitelar un menor na Coruña

Tres anos e medio de cadea por intentar acoitelar un menor na Coruña

A vítima tivo que ser trasladada ao hospital e intervida cirurxicamente debido ás feridas causadas cun coitelo de 26 centímetros

G24.gal 13/09/2023 11:55

Condenado a 3 anos e medio de prisión o mozo acusado de intentar matar un menor a coiteladas na Coruña, durante unha liorta nocturna.

Os feitos tiveron lugar de madrugada, nas proximidades do Obelisco, en xullo de 2022. O agora condenado dirixiuse a un menor coa intención de acabar coa súa vida. Segundo a Fiscalía, empregou un coitelo de grandes dimensións e acoitelouno en dúas ocasións.  

A vítima tivo que ser trasladada ao hospital e intervida cirurxicamente debido ás feridas que sufriu. Inicialmente eran dous os acusados, un home e o seu irmán, pero a este último retiráronlle a acusación, polo que quedou absolto.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu a conformidade por un caso que quedara aprazado en xullo pola ausencia da vítima. 

O único acusado, en prisión provisional dende o seu arresto, recoñeceu os feitos e aceptou a condena por tentativa de homicidio e, polo tanto, a sentenza quedou declarada firme e non se poderá recorrer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade