Tres bañistas morreron afogados este luns nas praias de Alacant
Tres bañistas morreron afogados este luns nas praias de Alacant
Unha cuarta persoa foi trasladada ao hospital tras ser rescatada con vida nos areais de Benidorm
Tres homes faleceron afogados este luns en praias da provincia de Alacante, concretamente nos areais de Elx, Calpe e Orihuela.
Segundo o Centro de Información e Coordinación de Urxencias da Generalitat (CICU), sobre as 15:00 horas sacouse da auga inconsciente un home de 82 anos na praia do Arenal-Boll de Calpe. Aínda que os médicos dunha ambulancia do SAMU (Servizo de Asistencia Médica de Urxencias) tentaron reanimalo, non o conseguiron e faleceu.
Á mesma hora na praia da Marina de Elx, outro home, de 50 anos e nacionalidade checa, era rescatado da auga en estado inconsciente e posteriormente falecía. E en Orihuela, outro bañista morría afogado tras ser sacado da auga contra as 17:00 horas en circunstancias similares na cala Capitán.
Mentres tanto, en Benidorm, un ancián de de 80 anos foi trasladado ao hospital tras ser rescatado con vida da auga na praia de Poniente. Neste caso, os efectivos do SAMU conseguiron estabilizalo e conducírono ao hospital comarcal da Marina Baixa, na Vila Joiosa, segundo o Centro de Información e Coordinación de Urxencias.