Tres compradores aspiran a facerse con Barreras
Tres compradores aspiran a facerse con Barreras
A principal reclamación do comité de empresa é que se manteña todo o persoal do estaleiro
Os traballadores de Berreras, neste momento de venda do estaleiro, o que reclaman é que se manteña o cadro de persoal actual, un compromiso que polo momento recollen dúas desas tres propostas de compra: a de Gondán e a de Marina Meridional.
Entre elas hai diferenzas importantes en canto a oferta económica e os encargos de traballo a curto prazo que devolverían a actividade ás bancadas do estaleiro vigués. Pola carga de traballo, apostan por Gondán.
A terceira opción, a de Armón, a máis forte economicamente, é a que menos gusta ao comité de empresa, porque só garante manter 20 traballadores dos 120 que forman neste momento o cadro de persoal, aínda que os podería aumentar no futuro. En poucas semanas o administrador concursal debería presentar no xulgado a súa elección sobre cal será o novo propietario de Barreras.