Cargando resultados...
Tres concelleiros do BNG de Ribadeo anuncian o abandono da política e da militancia
Tres concelleiros do BNG de Ribadeo anuncian o abandono da política e da militancia
Mónica Freire, Jorge Díaz e Pilar Orero din estar doídos co partido por non designar un deputado provincial
G24.gal
17/06/2023 19:44
Crise no BNG de Ribadeo, despois de que tres dos seus edís abandonen o partido. Deixan a política e a militancia. Trátase de Mónica Freire, Jorge Díaz e Pilar Orero.
Os concelleiros emitiron un comunicado conxunto no que din estar doídos co partido por non designar un deputado provincial tal e como, segundo aseguran, tiñan pactado.
Explican que ante esta situación non poden desenvolver con garantías o seu traballo, polo que non toman a súa acta de concelleiros. Fontes do BNG, consultadas por Televisión de Galicia, aseguran que os problemas dos tres edís coa executiva do Bloque veñen de lonxe.