Cargando resultados...
Tres de cada cinco persoas que abandonan as zonas rurais son mulleres
Tres de cada cinco persoas que abandonan as zonas rurais son mulleres
A empresa Leite Río está a promover unhas xornadas para favorecer o emprendemento e o apoderamento das mulleres rurais, que son a maioría as que hoxe se fan cargo das explotacións
G24.gal
20/10/2023 14:31
A remuda nas explotación gandeiras non é doada e neste momento son maioría de mulleres as que toman o temón. Se nos últimos anos elas abandonaban máis o campo polas dificultades para conciliar, ou a calidade do emprego, hoxe son elas moitas veces as que botan man para que as explotacións familares non esmorezan.
As xornadas que desenvolve en Lugo a empresa Leite Río teñen o obxectivo de servir de apoio ás que se deciden a poñerse á cabeza das explotacións de leite.