Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos polo homicidio imprudente dun home con discapacidade en Mazaricos

Tres detidos polo homicidio imprudente dun home con discapacidade en Mazaricos

Están acusados dun delito de homicidio imprudente e outro de omisión do deber de socorro

Estiveron bebendo canda a vítima e trasladárono xa moribundo a unha pista de terra, onde o atopou xa morto unha veciña

G24.gal 19/06/2022 11:57 Última actualización 19/06/2022 20:42

A Garda Civil detivo tres persoas como presuntas autoras dos delitos de homicidio imprudente e omisión do deber de socorro en Mazaricos.

Son sospeitosas de estar involucradas na morte de José Lema, un veciño de Mazaricos que apareceu nunha pista no mes de novembro. Tiña 55 anos, estaba solteiro e tiña unha discapacidade intelectual.

Unha veciña de Mazaricos atopou o cadáver dun varón, veciño do concello, nunha pista de terra a uns 700 metros do lugar de Atán e deu aviso á Garda Civil.

Segundo a investigación dos axentes do equipo de delitos contra as persoas da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPX) da Coruña, o home cruzouse pola mañá co coche dos sospeitosos que volvían de festa. Recollérono e levárono a casa dun deles, onde lle deron unha gran cantidade de bebidas de alta graduación. Supostamente esta inxestión é a que lle causaría o esvaecemento e a posterior morte.

A Garda Civil requisou o vehículo en que presuntamente trasladaron o falecido, para que o persoal de criminalística practicase unha minuciosa inspección técnico-ocular co obxecto de buscar restos biolóxicos do falecido.

Os detidos están a disposición do Xulgado de Instrución de Muros

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade