Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos por drogar e violar unha moza en Mallorca

Tres detidos por drogar e violar unha moza en Mallorca

Os axentes da Garda Civl identificaron os agresores tras marchar do hotel de Calviá onde se hospedaban cara ao aeroporto para abandonar España

 

Os tres detidos acusados de violación pasan a disposición xudicial en Mallorca Os tres detidos acusados de violación pasan a disposición xudicial en Mallorca
G24.gal 26/08/2023 16:43

Os tres homes detidos pola Garda Civil en Mallorca por supostamente violar unha turista nun hotel de Calviá mediante submisión química previa, pasaron este sábado a disposición xudicial.

Os axentes tiveron constancia dos feitos o venres pola mañá, tras recibiren un aviso da central COS 062 dunha agresión sexual nun hotel de Magaluf.

Unha moza que estaba de vacacións nas illas Baleares denunciou que foi violada durante a madruga do venres por uns homes que coñeceu a noite anterior, tras quedar baixo submisión química, posto que quedou indisposta, posiblemente pola inxestión dalgún tipo de substancia estupefaciente.

Aseguraba descoñecer a identidade dos agresores, dos que só sabía o alcume que usaba un deles nunha rede social.

Efectivos do equipo especializado en agresións sexuais despregado en Calviá na operación Alto Impacto na época estival fixéronse cargo da investigación e trasladaron a vítima ao hospital para que a recoñecesen os médicos e o forense. Deron así inicio ao protocolo de actuación neste tipo de agresións.

Lograron identificar os agresores que acababan de abandonar o hotel onde se aloxaban para dirixírense cara ao aeroporto para tomar un voo de regreso ao seu país de orixe. Detivéronos na terminal de Palma minutos antes de embarcar con destino a Manchester.

Agora a Garda Civil instrúe as dilixencias para coñecer o grao de participación na violación de cada un dos detidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade