Tres detidos por secuestrar dúas persoas xa liberadas en Barcelona
Tres detidos por secuestrar dúas persoas xa liberadas en Barcelona
Os Mossos d'Esquadra liberaron dúas persoas que foran secuestradas e detiveron tres dos seus supostos captores nun inmoble da rúa Amigó, no distrito de Sarrià-Sant Gervasi de Barcelona.
Os secuestrados eran unha muller e un home, e os tres detidos eran homes, todos eles de orixe asiática, aínda que a policía non podía precisar a súa nacionalidade, informou o director dos Mossos d'Esquadra, Pere Ferrer.
Tras unhas negociacións cos secuestradores que resultaron infrutuosas e despois de informaren a autoridade xudicial, pouco despois das oito da tarde os mossos irromperon no piso onde se produciu o secuestro "e procedeuse á detención de tres persoas e foron liberadas as dúas vítimas que estaban secuestradas, sen maiores problemas".
Nas próximas horas os tres detidos pasarán a disposición xudicial.
Os secuestradores pedían 370.000 euros de rescate polos seus reféns. Axentes da policía autonómica asaltaron o piso e lograron rescatar os cativos sen que se producisen feridos. Hai tres detidos. Segundo fontes policiais, o secuestro está presuntamente relacionado cun axuste de contas por motivos económicos entre bandas da mafia chinesa.
A División de Investigación Criminal abriu unha investigación para aclarar os feitos.