Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres feridos tras chocar un kamikaze contra unha ambulancia na A-52 na Cañiza

Tres feridos tras chocar un kamikaze contra unha ambulancia na A-52 na Cañiza

O máis grave foi o condutor que circulaba en sentido contrario entre Ourense e Vigo na autovía das Rías Baixas

O home deu negativo nas probas de alcol e drogas

O turismo e a ambulancia implicados no accidente na A-52
G24.gal 01/09/2024 16:33 Última actualización 01/09/2024 20:46

Unha ambulancia do 061 Galicia chocou frontolateralmente cun coche que circulaba en sentido contrario pola Autovía das Rías Baixas, a A-52, entre Vigo e Ourense. Como resultado do impacto feríronse os dous ocupantes da ambulancia e o condutor do turismo, que presentaba as feridas de carácter máis grave.

O transporte médico, que por fortuna non levaba pacientes, circulaba en sentido Ourense e non puido evitar colidir contra o turismo, que invadiu o sentido contrario ao da súa marcha.

O accidente sucedeu á altura da Cañiza. Os primeiros datos indican que o turismo circulou uns dous quilómetros en sentido contrario pola autovía antes de bater contra a ambulancia.

O seu condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas.

Ata o lugar do accidente, o quilómetro 274 da Autovía das Rías Baixas, desprazáronse os servizos de emerxencias médicas para atender os feridos e trasladalos ao CHOU de Ourense e ao Álvaro Cunqueiro de Vigo e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tamén acudiron os Bombeiros de Ponteareas, aínda que os feridos non precisaron ser rescatados.

Investigan se o condutor kamikaze, que circulaba en sentido O Porriño, cruzou nalgún punto a medianeira da autovía ou accedeu por algún lugar non permitido por equivocación para poder circular en sentido contrario ao seu destino.

O lugar do accidente na Autovía das Rías Baixas, co traballo de emerxencias O lugar do accidente na Autovía das Rías Baixas, co traballo de emerxencias
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade