Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres meses despois da morte violenta de Yoel Quispe declaran novas testemuñas nos xulgados

Tres meses despois da morte violenta de Yoel Quispe declaran novas testemuñas nos xulgados

Polo momento hai tres acusados, un deles en prisión provisional

Familiares e amigos da vítima insisten en que hai polo menos outras oito persoas implicadas

G24.gal 25/03/2024 14:11

O crime de Yoel Quispe volveu aos xulgados da Coruña. Desta volta para tomarlles declaración a sete testemuñas.

"Sete testemuñas que había no día dos feitos, outros que non teñen relación directa cos feitos, coa pelexa que houbo ese día, senón con algúns dos investigados e a outros que colaboraron coa policía na identificación dos sospeitosos", explica Adrián Borrajo Rodríguez, o avogado da familia.

Polo momento hai tres acusados e só un, o presunto autor da coitelada mortal, permanece en prisión preventiva.

"Entendemos que hai máis implicados. Hai persoas que declararon perante a policía e tamén no xulgado que seguiron mallando en Yoel mentres un deles ía pola navalla coa que ao final lle deu esa coitelada", engade o avogado.

Coa finalidade de que prendan tamén estes últimos, familiares e amigos de Yoel concentrábanse ás portas do xulgado.

"Pasaron tres meses e non levanto cabeza. É moi duro perder un fillo do xeito en que mo mataron. Que investiguen a fondo. Só pido xustiza para o meu fillo. Que paguen todos os culpables", di Maritza Gomessosa, a nai de Yoel Quispe.

Está previsto que o 13 de maio novas testemuñas presten declaración nos xulgados coruñeses que axuden a esclarecer o crime de Yoel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade