Tres mortos e dous feridos graves ao chocaren cun kamikaze na A-6 en Madrid
Tres mortos e dous feridos graves ao chocaren cun kamikaze na A-6 en Madrid
Faleceu o condutor do turismo que ía en sentido contrario e os dous ocupantes do que circulaba de xeito correcto
O accidente, a altura de Las Rozas, orixinou o corte total da A-6 en sentido a Madrid, o cal causou retencións e obrigou a habilitar desvíos alternativos en plena operación retorno
Grave accidente na A-6 á altura do concello madrileño de Las Rozas que deixa tres persoas falecidas e dúas feridas de gravidade tras colidir un coche kamikaze contra unha moto e outro turismo.
Sucedeu contras as 06:50 horas da mañá na entrada a Madrid, cando un vehículo circulaba en sentido contrario pola estrada da Coruña.
Os falecidos no sinistro teñen entre 25 e 51 anos. O accidente produciuse no quilómetro 20 da autoestrada. O condutor e acompañante do coche que circulaba de xeito correcto morreron. Tamén faleceu o condutor que ía en sentido contrario. O seu acompañante quedou ferido moi grave, e o Summa 112 trasladouno ao hospital de Majadahonda.
O motorista tamén quedou ferido grave; os servizos de emerxencias atendérono e levárono ao Hospital Clínico.
Na excarceración das vítimas e dos tres falecidos do interior dos turismos tiveron que traballar os Bombeiros. Colaboraron SAMER de Las Rozas, Policías Locais de Las Rozas e Madrid e axentes da Garda Civil de Tráfico, que investigan o accidente.