Cargando resultados...
Tres mortos nun tiroteo en Lisboa
Tres mortos nun tiroteo en Lisboa
O suceso aconteceu ás portas dunha barbería
Unha das vítimas é unha muller que estaba embarazada
G24.gal
03/10/2024 14:27
Tres persoas, entre elas unha muller embarazada, foron asasinadas a tiros ás portas dunha barbería en Lisboa. As vítimas son o dono da barbería, un taxista e a súa muller.
O asasino fuxiu do lugar dos feitos e está a ser buscado polas forzas de seguridade. Polo momento non hai indicios de crime organizado e diversos medios portugueses apuntan a un acto fortuíto, sinalan a hipótese de que o asasino quería ser atendido na barbería e, ante a negativa do dono, reaccionou disparándolle a el e ás persoas coas que se cruzou na súa fuxida.