Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres mozos de Pontevedra conseguen mil deportivas para Guinea-Bissau

Tres mozos de Pontevedra conseguen mil deportivas para Guinea-Bissau

Van potenciar o deporte e a asistencia a clase na escola de Gambase, que está preto dunha pista de atletismo

G24.gal 04/02/2023 14:26 Última actualización 04/02/2023 18:34

Máis dun milleiro de zapatillas de deporte viaxan xa desde Pontevedra a Guinea Bissau. É grazas a tres amigos, amantes do running, que impulsaron esta iniciativa solidaria.

As deportivas van servir tamén para que a poboación infantil da localidade de Gambase vaia máis ao colexio que está preto da pista de atletismo.

En menos dun mes Álvaro, Víctor e Alberto conseguiron máis de mil cincuenta pares en moi bo estado, unha cifra que supera todas as súas expectativas.

As de números máis pequenos son as que se enviarán antes para animar os cativos a ir ao colexio, que está moi preto da pista de atletismo.

A axuda vaise enviar a través dunha ONG catalá, pero tamén contou coa colaboración de moitas empresas de Pontevedra.

Ante o éxito, a colaboración vai continuar, aínda que polo de agora non saben como. Un xesto altruísta destes pontevedreses que pode ser unha grande oportunidade para os mozos de Bissau.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade