Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres mozos morren e dous quedan feridos moi graves nun accidente en Leganés

Tres mozos morren e dous quedan feridos moi graves nun accidente en Leganés

O vehículo en que viaxaban bateu contra unha furgoneta e un autobús

O coche en que viaxaban os cinco mozos
G24.gal 06/04/2024 18:11 Última actualización 06/04/2024 21:08

Tres mozos faleceron e dous quedaron feridos moi graves nun accidente de tráfico ocorrido este sábado na estrada madrileña M-406, á altura do quilómetro 9, no termo municipal de Leganés.

No sinistro estiveron implicados un turismo no que viaxaban cinco ocupantes (todos homes na vintena), unha furgoneta e un autobús, informan fontes do 112.

Ata o lugar desprazáronse Bombeiros da Comunidade de Madrid e efectivos do SUMMA 112, que á súa chegada confirmaron o falecemento do condutor e do copiloto do turismo. Ademais atenderon os tres ocupantes dos asentos traseiros, todos en estado moi grave.

Un deles foi trasladado en parada cardiorrespiratoria ao Hospital de Xetafe, onde finalmente faleceu. Os outros dous foron trasladados ao Doce de Octubre.

Tamén asistiron o condutor da furgoneta por unha crise de ansiedade, que foi trasladado ao Hospital de Leganés, e o chofer do autobús que ía sen pasaxeiros e foi dado de alta no lugar.

Investigación

Os bombeiros rescataron as vítimas do interior do turismo e a Garda Civil investiga as circunstancias do accidente.

O alcalde de Leganés, Miguel Ángel Recuenco, expresou o seu pesar pola traxedia que, segundo indica no seu perfil da rede social X, puido producirse porque o turismo "saltou un semáforo no cruzamento da M-406 á altura de Vereda".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade