Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres sentenzas obrigan a derrubar as torres do Garañón, en Lugo

Tres sentenzas obrigan a derrubar as torres do Garañón, en Lugo

A xustiza desestima os recursos do banco Santander, propietario do terreo

G24.gal 02/10/2024 15:50

A xustiza volve darlle a razón ao Concello de Lugo sobre as torres do Garañón. 

Tres sentenzas avalan a decisión de derrubar os edificios para converter a parcela en zona verde, desestimando as demandas presentadas polo Banco de Santander, propietario do terreo.

A entidade bancaria consideraba que a decisión do consistorio local de executar o derrube era ilegal. 

O banco dispón de quince días para apelar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade