Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres veleiros foron atacados por candorcas esta fin de semana preto de Fisterra

Tres veleiros foron atacados por candorcas esta fin de semana preto de Fisterra

No último ataque, na mañá do domingo,  un veleiro con dous tripulantes perdeu o temón e tivo que ser remolcado ata Fisterra

Desde o 2020 xa se rexistraron 77 ataques de candorcas fronte á costa galega

G24.gal 27/08/2023 20:03 Última actualización 27/08/2023 20:40

Salvamento Marítimo informou dun novo ataque na mañá do domingo contra un veleiro que navegaba a dúas millas de Fisterra. Perdeu o temón e quedou sen goberno, polo que tiveron que remolcalo a porto. É o terceiro incidente que se produce na mesma zona desde o sábado. Este veleiro de bandeira eslovaca que navegaba a 9 millas de Fisterra tamén tivo que pedir auxilio.

"O que recomendamos é deter a embarcacion, deixar o leme libre para evitar lesións, apargar a electrónica, agás a radio, e avisar as autoridades", explica Alfredo López, biólogo do Grupo de Traballo da Candorca Atlántica

Os primeiros ataques de candorcas producíronse en augas galegas en 2020. Nese momento identificáronse nove exemplares, un deles adulto. Por que atacan as embarcacións aínda non se sabe. Desde o Grupo de Traballo da Candorca Atlántica apuntan dúas hipóteses.

"A primeira é que sexa un comportamento autoinducido, é dicir, que inventen un novo comportamento e que o repitan, e a segunda é que este exemplar adulto tivera unha situación adversa con algunha embarcación e que debido a esa situación de estrés postraumático vivida cabe a posibilidade de que o exemplar intente deter a embarcación para non repetir esa situación e os outros exemplares máis novos, por imitación, o que fan é reproducir ese comportamento”, explica Alfredo López, Biólogo do Grupo de Traballo da Candorca Atlántica

O Grupo de Traballo puxo en marcha esta aplicación móbil para rexistrar incidentes e informar sobre as zonas de risco. Desde 2020 xa se rexistraron 77 ataques de candorcas fronte á costa galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade