Trinta pacientes galegos con linfomas agresivos poden optar a un tratamento experimental CART-T
Trinta pacientes galegos con linfomas agresivos poden optar a un tratamento experimental CART-T
É unha terapia baseada na modificación xenética das células inmunutarias do paciente
Trinta pacientes con linfomas agresivos ou de difícil tratamento terán a oportunidade de probar nos hospitais galegos un tratamento experimental, que está na última fase de ensaio clínico e que ofrece bo prognóstico.
Os responsables deste ensaio, que se realiza en colaboración co Clínic de Barcelona e nos hospitais clínicos de Santiago e da Coruña, presentaron este fármaco CART-T. É unha terapia personalizada baseada na modificación xenética das células inmunutarias do paciente.
"Pacientes galegos van ter a posibilidade dun tratamento terapéutico. E ábrese tamén a esperanza de que este novo fármaco poida resultar curativo para o seu problema de saúde", explicou Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria.