Triplícase a venda de test de antíxenos nas farmacias
Triplícase a venda de test de antíxenos nas farmacias
A demanda obrigou moitas farmacias a aumentar o seu stock
O test máis vendido é o que detecta gripe A-B e covid nunha mesma proba
Dispárase a venda de test de antíxenos nas farmacias galegas. No despacho da rúa Areal, en Santiago de Vigo, triplicaron as vendas na última semana.
"Estase vendendo máis que ningún mes dos anteriores. Chegamos a un punto onde mesmo tivemos algún problema de desabastecemento porque os almacéns que nos subministran non teñen tanto stock", asegura o farmacéutico Ángel Soliño Sotelo.
O que máis se vende é o test combinado. É dicir, o que cunha soa mostra nasal detecta se temos a gripe A, a gripe B, a covid ou os tres virus ao mesmo tempo.
"Como está dando con moitísima sintomatoloxía, con febre moi alta, dor corporal e moito esgotamento. Ademais, en persoas sensibles tamén está converténdose nunha pneumonía, entón pois a xente está moi concienciada e prefire tomar as medidas precisas para previr contaxios sobre todo cando temos familiares vulnerables", explica Amil López, farmacéutica.
Unha medida máis de seguridade para frear os contaxios e a incidencia nestas datas de reunións familiares.
"Por previr contaxios. Sobre todo pola cea de mañá e para non contaxiar familiares".
O seu prezo é de 2,94 euros. Tamén aumentou a venda de máscaras para evitar as infeccións en lugares pechados.