Triunfo vital para o Pontevedra fronte ao Alxeciras (1-0)
Triunfo vital para o Pontevedra fronte ao Alxeciras (1-0)
O Pontevedra deu un paso á fronte para meterse de cheo na loita pola permanencia. Coa vitoria ante un rival directo como o Alxeciras rexenerou as esperanzas granates, e abandona, cando menos temporalmente, o último posto.
Foi a primeira vitoria ás ordes de Juan Señor. O técnico insistira por semana en que o equipo, o que menos goles marca da categoría, tiña que finalizar xogadas. Así foi que aos catro minutos xa remataran dúas veces á porta.
É que a primeira parte foi de dominio local. Destacando a xogada na que Charles asiste a Román na área. O balón foi fóra por pouco.
O Alxeciras só puido finalizar unha acción, e o balón acabou nas mans de Cacharrón. O porteiro granate estivo moi seguro durante todo o partido. Especialmente no segundo tempo, que foi cando o equipo de Iván Ania avanzou máis metros. Sempre atopando ben plantada a defensa ou ao gardameta.
Foi precisamente tras a mellor ocasión visitante cando chegaría o gol do partido.
Xogada de fútbol directo. Sacou de porta Cacharrón, e Charles acabou asistindo a Brais Abelenda, que marcaría no minuto 55 sobrepoñéndose a toda a oposición dos rivais. Acadou a rede o balón. O Dianteiro o seu quinto gol da temporada, e o Pontevedra o tanto que lle daría unha vitoria balsámica logo de tres derrotas seguidas.
Defendeu o marcador o equipo de Juan Señor con unllas e dentes, e algo máis.
E puido aumentar a vantaxe de acertar nesta ocasión na que se estorbaron Churre e Soto.
Bastoulles un gol finalmente, unha vitoria celebrada sen grandes xestos, pero para iniciar un camiño novo pola salvación.