Trucos para baixar os gastos invisibles
Trucos para baixar os gastos invisibles
Hai tres tipos de gastos dos que non somos conscientes: vampiro, pantasma e formiga
Semella que aforrar é cada vez máis complicado. Con todo, hai algúns trucos que nos poden axudar nesa tarefa. Hai tres tipos de gastos que podemos controlar e que sen darnos conta están afectando as nosas contas.
Os gastos vampiro chupan os nosos aforros. Son, por exemplo, os excesos no consumo de luz por non empregar ben os electrodomésticos ou fugas de auga ou gas.
Non son os únicos inimigos do aforro. Tamén están os gastos pantasma, pagar por algo que non usamos, por exemplo, contas de streaming ou un ximnasio ao que non imos.
Tamén os gastos máis pequenos se notan no peto, son os chamados formiga, en que se inclúen os cafés das mañás ou as compras impulsivas no súper.
Os expertos recomendan revisar ben as contas para ver onde van os cartos, analizar de que se pode prescindir e tratar de establecer presupostos.