Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump comparece ante a xustiza por unha presunta fraude

Trump comparece ante a xustiza por unha presunta fraude

O expresidente dos EUA está acusado de inflar o valor das súas empresas

Trump chama "corrupta" á fiscala e denuncia unha caza de bruxas 

Antón Montero 02/10/2023 18:49 Última actualización 02/10/2023 19:11

Donald Trump chegou pouco antes das dúas da tarde ao tribunal de Nova York, onde se dirime a súa quinta causa ante a xustiza. Entrou por unha porta lateral, evitando así as cámaras e os xestos de apoio da ducia de simpatizantes que se congregaban na entrada.

Dentro, o expresidente dos Estados Unidos escoitou os 7 cargos que se lle imputan. A fiscala xeral do Estado, Tish James, acusa a Trump de inflar o valor dos activos das súas empresas para obter préstamos en condicións máis favorables e outros beneficios económicos, unha presunta fraude pola que o Estado reclama unha indemnización de 250 millóns de dólares.

Ademais de Trump, están imputados dous dos seus fillos, dous socios e as súas propias empresas.

O anterior inquilino da Casa Branca respondía á saída cos argumentos habituais... é unha caza de bruxas impulsada por unha fiscala corrupta, dicía Trump, que ve tras a súa imputación un intento de interferir nas primarias en marcha no Partido Republicano, unha carreira interna en que avantaxa todos os seus rivais para ser o candidato dentro dun ano á Casa Branca.

O xuízo vai durar 3 meses. Ademais deste, Trump está inmerso en 4 procesos penais, relacionados con pagos irregulares a unha actriz porno, a inxerencia nas eleccións de 2020, a retirada da Casa Branca de documentos secretos e o asalto ao Capitolio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade