Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump decide suspender os aranceis un mes a México e Canadá para bens cubertos por o T-MEC

Trump decide suspender os aranceis un mes a México e Canadá para bens cubertos por o T-MEC

A pausa será ata o 2 de abril para os aranceis do 25% para os produtos cubertos polo acordo de libre comercio T-MEC

O presidente Donald Trump/Leah Millis/Reuters O presidente Donald Trump/Leah Millis/Reuters
G24.gal 06/03/2025 18:08 Última actualización 06/03/2025 23:38

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, anunciou unha pausa ata o 2 de abril dos aranceis do 25 % a México e Canadá para os produtos cubertos polo acordo de libre comercio T-MEC. Fixo o anuncio despois de tomar a decisión para os bens de México tras conversar coa súa homóloga mexicana, Claudia Sheinbaum, á que cualificou de "muller marabillosa".

"Despois de falar coa presidenta de México, Claudia Sheinbaum, acordamos que México non terá que pagar aranceis sobre nada que estea baixo o acordo T-MEC. Isto será válido ata o 2 de abril", anunciou Trump na súa rede social Truth Social.

Trump deu as grazas a Sheinbaum "polo seu arduo traballo e cooperación".

"Fágoo como unha medida de cortesía e por respecto á presidenta Sheinbaum. A nosa relación foi moi boa e estamos a traballar arduamente, xuntos, na fronteira, tanto en termos de deter a entrada ilegal de estranxeiros a Estados Unidos como na loita contra o fentanilo", engadiu.

Anúnciase un día despois de que a Casa Blanca comunicara unha pausa durante un mes dos aranceis sobre automóbiles e partes fabricados en México e  O Canadá, despois de que Trump falase cos tres maiores fabricantes estadounidenses, General Motors, Ford e Stellantis, que ensamblan vehículos nos dous países veciños. 

O secretario de Comercio, Howard Lutnick, xa adiantou a posibilidade de suspender durante un mes a aplicación dos aranceis, non só a México, senón tamén ao Canadá, unha medida que aínda non foi anunciada oficialmente.

Resposta de México

A presidenta mexicana, Claudia Sheinbaum, celebrou o aprazamento dun mes nos aranceis do 25 % anunciados por Washington, tras manter unha conversación co presidente estadounidense Donald Trump.

"Tivemos unha excelente e respectuosa chamada na que coincidimos en que o noso traballo e colaboración deron resultados sen precedentes, no marco de respecto ás nosas soberanías", afirmou Sheinbaum nunha mensaxe na rede social X.

Cando Estados Unidos anunciou que entrarían en vigor aranceis, Sheinbaum anticipou que o domingo 9 de marzo respondería a esta medida nun evento masivo no Zócalo da Cidade de México.

"Dalgunha maneira foi o que lle mencionei ao presidente Trump ao dicirlle: ‘Eu teño que responder ao meu pobo porque é a miña obrigación principal’”, expresou.

Ademais, afirmou que México ten que "traballar cara adiante" para fortalecer a "soberanía e autosuficiencia". Para iso, remarcou que é necesario producir máis en México para "consumir máis no mercado interno".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade