Publicador de contidos
Publicador de contidos

Turespaña investirá 11 millóns na restauración do Hostal dos Reis Católicos

Turespaña investirá 11 millóns na restauración do Hostal dos Reis Católicos

Os traballos prolongaranse durante 19 meses

G24.gal 14/08/2024 17:07

Turespaña restaurará a fachada e os patios do Hostal dos Reis Católicos. As obras, dun custo duns 11 millóns de euros, inclúen unha restauración da fachada da praza do Obradoiro e ao lado oeste, así como dos patios renacentistas e do beirado histórico do edificio, construído inicialmente hai cinco séculos como hospital para atender os peregrinos do Camiño de Santiago.

O proxecto prevé, ademais, traballos de conservación da capela real e do ciborio, varios traballos para eliminar problemas de humidades na fachada da rúa San Francisco e do Obradoiro, así como unha remodelación da iluminación exterior do inmoble de estilo plateresco e de propiedade estatal.

Os traballos, que se prolongarán durante 19 meses e que xa foron licitados, forman parte dun plan de renovación de varios edificios da cadea hoteleira pública Paradores cun orzamento de máis de 14 millóns de euros nunha primeira fase.

O proxecto global, xestionado por Turespaña, comprende obras de mellora, conservación, restauración e posta en valor nuns corenta inmobles catalogados como ben de interese cultural en doce comunidades autónomas cun investimento de 90 millóns de euros.

As obras nos hoteis de Paradores en Úbeda, La Granja, Ronda, Lorca e Santiago de Compostela inscríbense nun plan do Goberno central financiado con fondos Next Generation da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade