Publicador de contidos
Publicador de contidos

Turistas e peregrinos volven encher as rúas de Santiago

Turistas e peregrinos volven encher as rúas de Santiago

Familias enteiras de distintas procedencias de España fan turismo en Santiago neste luns de Semana Santa

Entre os peregrinos abundan os que veñen de fóra de España

Imaxe da Praza do Obradorio pouco despois das dez da maña desde luns
G24.gal 11/04/2022 14:00

Visitantes de diversas procedencias, na gran maioría doutras comunidades autónomas, confluían esta mañá no Obradoiro neste luns de Semana Santa con tempo primaveral sen chuvia á primeira hora. E, como non, peregrinos algúns deles coa orixe fóra de España.

"Mañá regreso a Holanda, pero foron seis semanas dunha experiencia fenomenal".

Un peregrino conta en italiano que "esta é a novena vez que veño desde 2007, aproveitando que o Ano Santo está prorrogado e como non foi posible ante pola Covid. Este é o meu noveno Camiño".

Mercé, catalá, di: "Xa levamos doce anos. O primeiro Camiño foi en ano santo, que empezamos tamén desde Sarria".

Julia engade: "Ímonos hoxe. Fomos á praza de abastos mercar cousas de aquí para levalos a Cataluña e xa nos imos".

E entre os grupos de turistas, hai familias enteiras. "Somos tres familias distintas. Todos somos familia e vimos 14 en total. Imos estar cinco días nunha casa rural en Melide. Onte estivemos a ver o canón do Sil, que non encantou e, por suposto; había que vir a Santiago", di Luis.

Marta conta: "Somos oito. Somos dúas familias que vimos do centro de Madrid. Viñemos pasar uns días a Galicia para ver Santiago e un pouco todo isto".

E coa aparición da chuvia, o ambiente de praza foi aos soportais para observar outra perspectiva da catedral compostelá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar