Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ucraína agradece a España a axuda militar nestes dous anos

Ucraína agradece a España a axuda militar nestes dous anos

O ministerio de Defensa publicou unha mensaxe na rede social X, antes Twitter, para dar as grazas a todos os países que os apoiaron e que os seguen apoiando

O ministerio de Defensa menciona os sistemas de defensa antiérea Hawk e os tanques Leopard O ministerio de Defensa menciona os sistemas de defensa antiérea Hawk e os tanques Leopard
G24.gal 26/02/2024 12:10

No segundo aniversario da invasión rusa, Ucraína agradeceulle a España o seu apoio militar. O ministerio de Defensa publicou unha mensaxe na rede social X, antes Twitter, para dar grazas a todos os países que os apoiaron, e que os seguen apoiando, desde febreiro de 2022.

"Hai dous anos, Rusia iniciou unha invasión a grande escala de Ucraína, non provocada. Estamos agradecidos a todos os países, líderes e persoas que apoiaron (e seguen apoiando) a Ucraína. Gañaremos", di o texto. 

A mensaxe vén acompañada dun vídeo no que mencionan o material doado por España, como o sistema antiaéro HAWK, os carros de combate Leopard ou os mísiles anticarro ATGM.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade