Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimas horas para votar polo carballo de Conxo como Árbore Europea do Ano

Últimas horas para votar polo carballo de Conxo como Árbore Europea do Ano

A votación pecha ás 23.59 deste 28 de febreiro. O resultado coñecerase o 22 de marzo

Cos últimos datos feitos públicos, o de Conxo ía segundo en número de votos, detrás do carballo Dunin, de Polonia

G24.gal 28/02/2022 18:29

Aínda se pode votar polo carballo do Bosque do Banquete de Conxo para que se converta na Árbore Europea do Ano 2022. Pero o reloxo corre, e esta noite, ás 23.59, péchase a votación.

Durante esta última semana, o reconto dos votos foi secreto. O luns pasado, 21 de febreiro, último momento en que os datos foron públicos, o carballo de Conxo estaba na segunda posición, só por detrás do carballo Dunin, de Polonia.

O noso exemplar ten 250 anos e mide preto de 30 metros. E, máis aló do seu innegable valor botánico, o carballo está rodeado de historia. Foi testemuña, en 1856, do Banquete Democrático de Conxo, que serviu para defender as liberdades no medio dunha época gris. 

Se aínda dubidan se votar por esta árbore, dispoñen de outro argumento: Santiago plantará unha árbore autóctona por cada voto que reciba o carballo de Conxo. 

Poden participar entrando en votacarballo.com.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos