Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimos retoques no Monte do Gozo para catro días de música e 130.000 persoas

Últimos retoques no Monte do Gozo para catro días de música e 130.000 persoas

Son máis de 500.000 metros cadrados que desde o xoves ata o sábado van acoller máis de 40 concertos

G24.gal 28/05/2024 15:03

Últimos retoques na montaxe desta grande infraestrutura. Son máis de 500.000 metros cadros que desde o xoves ata o sábado van acoller máis de 40 concertos.

A zona de campamento comeza a recibir xa mañá pola tarde parte do público, porque o xoves comeza o festival, e co prato forte. A banda estadodunidense Green Day. Non estaban en Galicia desde o ano 93, en que deran un pequeno concerto na sala Iguana Club de Vigo. Agora, nun par de días, comezan aquí en Santiago a súa xira europea.

"O noso obxectivo é un cartel que combine grandes artistas internacionais do rock e do indie, os principais nomes da escena nacional e da escena galega", dixo Iván Méndez, o coordinador da organización de O Son do Camiño 

Están Baiuca, tamén Love of Lesbian, Thirty Seconds to Mars, 40 en total, nun encontro que xuntará 42.000 persoas ao día. A organización fala de prezos accesible. Algo máis de cen euros, polo abono de tres días, que xunto ao cartel explican en parte a grande expectación que xera.


"Realmente é de tolos pensar que nunha mañá se poidan vender mais e 30.000 abonos deste festival", declarou Kin Martínez, organizador de O Son do Camiño.

Na presentación os organizadores e a Axencia Galega de Turismo repasaron as cifras da industria musical en Galicia e calculan en 50 millóns de euros o retorno económico que deixan na comunidade os festivais galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade