Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un 90 % dos transportistas secundan a folga, segundo os convocantes

Un 90 % dos transportistas secundan a folga, segundo os convocantes

A xornada comezou con atrancos tamén nos accesos aos portos en Galicia

Representan as pequenas e medianas empresas do sector e os camioneiros autónomos

Non volverán ao traballo ata que o Goberno non atenda as súas peticións

G24.gal 14/03/2022 22:00

Este luns viviuse a primeira xornada de folga convocada no sector do transporte para protestar polos altos prezos dos combustibles. Un paro de carácter indefinido do que se desmarcaron as grandes federacións do sector. Entre os concellos ourensáns do Carballiño e Maside na tarde deste luns, camións parados e outros obrigados a parar polos piquetes.

A primeira xornada de folga comezou con atrancos tamén nos accesos aos portos. Foi o caso do da Coruña onde a Polícia Nacional tivo que escoltar varios camións.

Tamén en polígonos como o da Granxa, no Porriño, se viviron momentos de tensión entre os convocadores e camioneiros que estaban a traballar. Foi precisa a intervención da Garda Civil.

Son en boa parte pequenas e medianas empresas de transporte e autónomos. Paran porque, aseguran, non poden seguir traballando debido aos altos prezos dos combustibles. 

As grandes empresas do sector comparten as demandas, pero non secundan a convocatoria de paro. 

Á folga convocada con carácter indefinido sumaranse este martes novas accións de protesta en varios puntos de Galicia.

Folga do transporte en España

A Plataforma do Transporte estima no 90 % o seguimento da folga. Representan as pequenas e medianas empresas do sector e os camioneiros autónomos. Non volverán ao traballo ata que o Goberno atenda as súas peticións.

A principal, unha lei que fixe os prezos mínimos para contratar os seus servizos, nunca por debaixo do chamado Observatorio de Custos.

O Goberno asegura, porén, que a incidencia do paro está sendo escasa. Rexistráronse cortes de estradas illados e retencións pola circulación en fila dos camións, pero non afectou a chegada de mercadorías ás grandes cidades. 

A ministra apela á calma e á serenidade e confirmou que nos próximos días lle trasladará ao sector estas medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade