Un altercado nas Festas das Dores de Lalín deixa varios feridos leves
Un altercado nas Festas das Dores de Lalín deixa varios feridos leves
A liorta iniciouse supostamente cando un grupo de feirantes irrompeu nos inchables do Día do Neno
Interviñeron a Policía Local e a Garda Civil, e xa hai unha denuncia interposta por danos e lesións
A liorta iniciouse nos arredores da praza Joaquín Loriga, en Lalín. Celebrábase o Día do Neno, dentro da programación das Festas das Dores. Entre a rapazada e os inchables, irrompiu un grupo de persoas -supostamente feirantes- proferindo berros e insultos.
"Eran insultos, tacos, palabras fortes -explica unha testemuña-, notábase a tensión". Conta que a tensión foi escalando e que os insultos pasaron a máis. Houbo ameazas e agresións, e parece que varias persoas foron atendidas por cortes e contusións no centro de saúde.
Inteviñeron a Policía Local e a Garda Civil. Hai xa unha denuncia interposta por danos e lesións, e a previsión é que se formalice outras nos próximos días.