Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un alumno acoitela un profesor nun colexio de Murcia

Un alumno acoitela un profesor nun colexio de Murcia

O rapaz, de trece anos, feriu o profesor cando estaban na clase, diante dos compañeiros

G24.gal 16/02/2022 20:18

Un rapaz de trece anos acoitelou polas costas un profesor, que nese momento estaba dando clase. Ocorreu nun colexio de Murcia. Segundo fontes do centro, o alumno levantouse en metade da clase e, tras sacar unha arma branca, achegouse ao profesor e acoitelouno diante dos compañeiros.

O profesor tivo que ser trasladado a un centro hospitalario cunha ferida no costado. O rapaz está nas dependencias de menores da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade