Un ano de cárcere para a muller que convenceu unha menor ourensá para que abandonara a familia
Un ano de cárcere para a muller que convenceu unha menor ourensá para que abandonara a familia
A acusada, de 26 anos, coñecera a rapaza, de tan só 12, a través dunha rede social
A muller que convenceu unha menor de doce anos para que abandonara a súa familia en Galicia e marchara vivir con ela a Andalucía foi condenada a un ano de prisión.
A acusada non acudiu ao xuízo. Segundo a sentenza, no momento dos feitos, vai para tres anos e medio ela tiña 26 e sabía perfectamente a idade da vítima, á que coñeceu a través de Instagram.
A acción frustrouse cando a instancias dunha familiar da menor, a acusada facilitoulle o teléfono do taxista que estaba a levar a rapaza desde Valdeorras a Huelva.
Así e todo, a xuíza considéraa responsable dun delito de indución de menores ao abandono do domicilio e condenouna a un ano de cárcere. A sentenza pódese recorrer ante a Audiencia Provincial.