Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ano de guerra para as familias ucraínas refuxiadas en Galicia

Un ano de guerra para as familias ucraínas refuxiadas en Galicia

Descartan unha volta ao seu país en pouco tempo e buscan oportunidades de traballo aquí

A Consellería de Política Social anuncia unha nova liña de axudas de dous millóns de euros 

Galya e a súa filla chegaron o 31 de marzo ao Centro Europeo de Peregrinación do Monte do Gozo
G24.gal 25/02/2023 14:42 Última actualización 25/02/2023 14:59

Co inicio da guerra comezou hai un ano o éxodo de mulleres e menores, fundamentalmente cara a países veciños. O Centro Europeo de Peregrinación do Monte do Gozo convertíase en pouco máis dun mes en casa de acollida.

Visitamos o albergue compostelán ao pouco de chegar, cando timidamente celebraban a pascua ortodoxa. Hoxe isto xa é a súa rutina diaria, seguen pendentes do que ocorre en Ucraína, pero tamén de integrárense aquí aprendendo a lingua para poder buscar traballo do seu.

"Para min foi moi importante poder estudar neste tempo, porque cando precise traballar non podo estudar", asegura Galya, de profesión odontóloga. 

Pero non só ela estudou durante este ano, tamén a cativada. As primeiras necesidades, como dotalos de tarxeta sanitaria, escolarizalos e xestionar a axuda social resolvéronse conforme foron chegando, pero a guerra prolóngase e saben que de momento non poden volver.

"Gústame este país e quero o meu país e a miña xente pero neste tempo creo que mellor estar aquí". 

Desde a Consellería de Política Social, Fabiola García anunciaba este sábado unha nova liña de axudas dirixidas a eles.

"Unha nova convocatoria por un importe de dous millóns de euros destinado ás familias ucraínas e a todos os concellos, para que poidan sufragar os gastos que supón acoller, mimar, coidar a todas estas familias que están nestes momentos na nosa comunidade". 

Coñecemos a Galya e á súa filla Alisa ao pouco de chegar dez meses. Hoxe despídennos desde o mesmo lugar, entendendo case todo o que lles dicimos e sentíndose na súa casa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade