Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tras un ano, aínda non declarou o condutor do coche en que morreron catro mozos en Xove

Tras un ano, aínda non declarou o condutor do coche en que morreron catro mozos en Xove

Os seus avogados alegan, con informes médicos, que non está en condicións de facelo

O instrutor do caso pediu que sexa examinado por un forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga)

G24.gal 01/04/2024 10:05

Hai un ano, catro mozos morrían nun terrible accidente en Xove. No coche ían seis pasaxeiros, pero dos dous superviventes só un prestou declaración no xulgado

O que aínda non o fixo, un ano despois, é o condutor do vehículo. Segundo os informes médicos presentados polos seus avogados, o mozo non está en condicións de realizar esa dilixencia, pero o Xulgado Número 2 de Viveiro, que instrúe o caso, solicitou que o mozo sexa examinado por un forense do Imelga, e será o instituto forense o que determine se debe ou non comparecer ante a sede xudicial.

Quen xa declarou foi o outro supervivente, que está investigado por un delito de omisión de socorro por marchar do lugar do accidente, a onde regresou horas despois. Tamén xa están rematados todos os informes do sinistro, en que faleceron catro mozos de entre 17 e 19 anos.

O accidente ocorreu nun traxecto curto, un quilómetro e medio era a distancia entre a verbena da que viñan e o piso ao que ían na urbanización de Palmeiro. O vehículo saíu da vía, bateu contra un poste eléctrico, sobrevoou un terraplén e deu varias voltas de campá.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade