Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un buque portacoches que sufriu un incendio fronte ás nosas costas fondea nas Cíes

Un buque portacoches que sufriu un incendio fronte ás nosas costas fondea nas Cíes

Os 25 tripulantes que ían a bordo resultaron ilesos

O buque de Salvamento Marítimo "María Pita" escolta a embarcación

A embarcación A embarcación "Grande California" fondeada nas Cíes
G24.gal 19/02/2023 19:00 Última actualización 19/02/2023 19:07

O buque portavehículos Grande California, no que se produciu un incendio nunha cuberta de carga este domingo, atópase xa no fondeadoiro das illas Cíes.

Salvamento Marítimo informa de que permanecerá inactivo durante 24 horas para asegurarse de que se extinguiu totalmente o incendio xa sufocado. Mentres, coordinado polo centro de Vigo da entidade, o buque María Pita mantén a escolta como medida preventiva.

Trátase dun portavehículos que circulaba a 6 millas do dispositivo de separación de tráfico de Fisterra cando se iniciou un lume na cuberta da carga.

No barco navegaban 25 tripulantes e ningún resultou ferido. Ademais, Salvamento sinalou que a máquina da embarcación tampouco se viu afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade