Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camión cargado de rodas arde na A-52, ao seu paso por Melón

Un camión cargado de rodas arde na A-52, ao seu paso por Melón

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 5:30 horas e varios equipos de emerxencias participan nos labores de extinción dun incendio que chegou a comprometer a contorna

G24.gal 01/07/2024 10:56 Última actualización 01/07/2024 14:16

Un camión cargado de rodas ardeu por completo na madrugada deste luns á altura do quilómetro 262 da A-52, sentido Benavente, ao seu paso polo municipio ourensán de Melón. Aínda que o condutor do vehículo tardou en darse conta do que sucedía, pois seguía circulando pola A-52. Finalmente, detivo a marcha uns quilómetros máis adiante, xusto na saída cara a Melón.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 5:30 horas e varios equipos de emerxencias participan nos labores de extinción dun incendio que chegou a comprometer a contorna. De feito, tamén foron informados efectivos de incendios forestais para apoiar o traballo dos bombeiros e salvagardar o espazo forestal.

No lugar traballan, ademais dos membros do GES de Ribadavia, os Bombeiros do Carballiño e Ponteareas, que xa teñen o lume controlado aínda que non extinguido, xa que para iso é necesario a colaboración do persoal de limpeza e mantemento da vía, neste caso do Ministerio de Fomento, para a retirada das rodas de gran tamaño que transportaba o camión.

Cinco horas despois daban por controlado, pero non extinguido, o lume e unha retroescavadora apartaba da vía a carga queimada. Un carril da autovía e o acceso de Melón continúan pechados ata que un guindastre retire os restos do camión da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade