Cargando resultados...
Un camión de vehículos clásicos queda atascado nunha ponte do Carme de Abaixo
Un camión de vehículos clásicos queda atascado nunha ponte do Carme de Abaixo
O suceso puido estar provocado por unha confusión do condutor ou por unha infracción de tráfico
G24.gal
12/01/2024 19:03
Un tráiler con matrícula portuguesa que transportaba vehículos clásicos quedou atrapado na tarde deste venres nunha ponte de pedra que atravesa o río Sarela, no barrio compostelán do Carme de Abaixo.
O feito puido estar producido por unha confusión do condutor ou por unha infracción de circulación, xa que hai un sinal ao comezo da ponte que prohibe a circulación de vehículos pesados. A Policía Local desprazouse ata o lugar do suceso tras unha chamada dun cidadán informando sobre a situación.