Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un carballo de oito séculos en Antas de Ulla

Un carballo de oito séculos en Antas de Ulla

A árbore ten 9 metros de perímetro no toro e 70 na copa

Está no medio dun prado e nunca foi dunha casa grande ou mosteiro

G24.gal 11/08/2023 20:41 Última actualización 11/08/2023 20:57

9 metros de perímetro no toro e 70 na copa, 24 de altura e máis de 800 anos. E nas polas amosa o vigor que conserva. O carballo de Amoexa é un exemplo da forza da natureza pero a súa existencia pasou inadvertida ata hai poucos anos e aínda hoxe é un tesouro segredo da Ulloa.

O carballo está no medio dun prado e lonxe das casas. Por iso sorprende aínda máis que non acabara convertido en leña ou vigas hai séculos.

Estes días o carballo foi punto de reunión de artistas. E Sandra quixo honralo cun poema: "Que todos te respecten e protexan sempre. Porque, carballo centenario, es fogar de fadas. Nobre sen comparación".

Agora queren que o carballo entre no catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Un lugar en que tamén collería o seu veciño, que ten uns 400 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade