Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Carballo reclama o petisco nun bar armado cun fouciño

Un veciño de Carballo reclama o petisco nun bar armado cun fouciño

O home entregou as armas ás autoridades sen resistencia, pero reclamando o petisco

Non é o primeiro incidente que provoca

G24.gal 14/09/2022 21:50

Un altercado nunha céntrica rúa de Carballo acabou cun veciño da localidade arrestado. O home, duns 55 anos, saíra á rúa cun fouciño e un coitelo nas mans reclamando que o atendesen nun bar. Finalmente entregouse sen presentar resistencia.

Francisco, dono deste restaurante, foi un dos que deu aviso á policía. O altercado produciuse á hora de servir as ceas.

Quen viña pola rúa era o home, que estivera sentado anteriormente na terraza. Viña cun fouciño e un coitelo nas mans.

Finalmente o home volveu sentar na terraza do restaurante de Francisco. Cando chegaron, a Policía Local e a Garda Civil pedíronlle que entregase as armas. Fíxoo sen resistirse, pero reclamando que lle servisen un petisco.

O home, de 55 anos, é un veciño coñecido na zona. Este non é o primeiro incidente que provoca. Desta volta, non houbo que lamentar danos. 

Os axentes levárono arrestado por alteración da orde pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar