Un carballo de Pontevedra é candidato a árbore do ano
Un carballo de Pontevedra é candidato a árbore do ano
Cincocentos anos de historia apoian a candidatura do carballo de Santa Margarida, na parroquia pontevedresa de Mourente, a árbore do ano
Cincocentos anos de historia apoian a candidatura do carballo de Santa Margarida, na parroquia pontevedresa de Mourente, a árbore do ano.
Carlos Morgade é Historiador e tamén presidente da comunidade de montes de Mourente e apunta que esta "é a arbore máis famosa de Galicia no plano artístico e literario. É das poucas que se coñece en toda Galicia".
A asociación ROBUS ROBU, que promove a candidatura, conta co apoio do IES Luís Seoane, co da comunidade de montes e tamén co dos veciños. É a segunda vez que este carballo aspira a ser árbore europea do ano. Hai uns cinco anos quedara terceira entre as candidatas españolas.
Os veciños da parroquia de Mourente defenden a singularidade do carballo e confían en que esta notoriedade lle garanta máis coidados. As votacións para árbore do ano de España ábrense este xoves e manteranse ata o 10 de decembro. Este de Santa Margarida compite con outras dez árbores españolas polo título, entre elas outro carballo galego, o de San Gregorio, en Boqueixón.