Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un cento de escritores xúntanse na Feira do Libro da Coruña

Un cento de escritores xúntanse na Feira do Libro da Coruña

Nesta edición participan preto dunhas 40 librerias e editoriais

Ademais de visitar as súas casetas, hai programadas numerosas actividades, coma as tradicionais sinaturas dos autores, charlas, recitais e debates

A feira durará ata o 10 de agosto
 

G24.gal 01/08/2024 14:25

Este mediodía abría as súas portas a Feira do Libro da Coruña. Un cento de autores e autoras daranse cita neste evento literario. A primeira delas foi a escritora local de literatura xuvenil Andrea Maceiras, que foi a encargada de ler o pregón. 

Nesta edición participan preto dunhas 40 librerías e editoriais. Ademais de visitar as súas casetas, hai programadas numerosas actividades, coma as tradicionais sinaturas dos autores, charlas, recitais e debates. A feira durará ata o 10 de agosto.

"Eu tamén coincido en que é a mellor feira do libro que existe en Galicia e das mellores de España. Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis librerías ten de toda España e seguimos recibindo informes sobre os hábitos lectores que nos permiten albergar certa esperanza e ilusión no ámbito de literatura", dixo na inauguración o conselleiro de Cultura, José López Campos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade