Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche cae sobre o tellado dun alboio tras unha saída da vía en Miño

Un coche cae sobre o tellado dun alboio tras unha saída da vía en Miño

No aparatoso accidente non houbo feridos e os seus ocupantes abandonaron o lugar do sinistro

O turismo caeu sobre o teito do alpendre en Miño / Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña
G24.gal 25/08/2024 16:30

Un turismo precipitouse sobre un alpendre dos apartamentos turísitcos Sol e Mar de Miño contra as 4:00 horas da madrugada deste domingo tras saír da vía. Non se rexistraron feridos no aparatoso accidente.

O vehículo quedou tras caer apoiado no lateral do lado do condutor sobre a estrutura do cuberto, que sufriu danos tanto no tellado como no interior. O espazo cumpre a funci´n de almacén de ferramentas.

O suceso produciuse na rúa Hermo e tanto o condutor como os posibles pasaxeiros do turismo non resultaron feridos e abandonaron o lugar, conforme informou o Consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña.

Os Bombeiros de Betanzos desprazáronse ao lugar para asegurar a zona e o vehículo e comprobar a estrutura do alboio danado.

Interior da estrutura do alboio danada tras caer o vehículo Interior da estrutura do alboio danada tras caer o vehículo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade