Un coche incendiado colapsa Alfonso Molina
Un coche incendiado colapsa Alfonso Molina
Afortunadamente non houbo que lamentar feridos
Tráfico prevé sete millóns e medio de desprazamentos nas estradas españolas nesta ponte festiva do Pilar
Un vehículo incendiado provocou importantes retencións na tarde deste xoves en Alfonso Molina, en sentido saída da cidade.
Varias testemuñas confirman que o lume se orixinou logo da colisión entre dous coches. Afortunadamente, non hai feridos.
Ata o lugar desprazáronse efecivos da Policía Local e dos Bombeiros da Coruña para limpar a calzada e regular o tráfico. Os labores de extinción e despois a retirada dos vehículos colapsaron a saída da cidade durante varias horas.
Tráfico prevé sete millóns e medio de desprazamentos nas estradas españolas nesta ponte festiva do Pilar. Vaise reforzar a vixilancia poñendo especial atención nas distraccións ao volante.