Cargando resultados...
Un coche queda calcinado ao arderen varios colectores no centro de Redondela
Un coche queda calcinado ao arderen varios colectores no centro de Redondela
O incendio rexistrouse de madrugada na rúa Ribeira
O coche queimado por completo/ FOTO: Fon Decón
G24.gal
29/01/2023 12:50
Última actualización 29/01/2023 13:18
Un vehículo que estaba estacionado na rúa Ribeira, no centro de Redondela, quedou totalmente calcinado tras arderen varios colectores por razóns aínda sen determinar.
Segundo informa a Policía Local, pasadas as 02:30 horas da mañá recibiron varias chamadas alertando dun incendio nese punto. No operativo tamén interviñeron axentes da Policía Nacional e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos.
Nos últimos días, rexistrouse outro incendio nuns colectores de lixo no mesmo concello, na zona de Vilavella.