Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un concurso de costura premia en Arteixo a persoa máis rápida cosendo á máquina

Un concurso de costura premia en Arteixo a persoa máis rápida cosendo á máquina

O tempo máis curto situouse en 35 segundos e houbo premio para os tres primeiros postos

G24.gal 23/05/2024 21:05 Última actualización 23/05/2024 21:35

Aquí gaña a persoa que menos tempo empregue en coser á máquina, punteando, sobre unha cinta composta varios tecidos diferentes: vaqueiro, chapa, lycra e tule.

En total hai que darlle cinco voltas. Non serve coser de calquera xeito. As regras din que non se pode saír da tea, nin romper a agulla nin o fío.

Quen compite conta cunha pequena axuda: a propia máquina, dotada dun chip que detecta o tipo de tecido.

"A medida que vai cosendo vai detectando material e grosor e a máquina vai reaxustándose automaticamente", explica José María Pairó, da empresa organizadora do concurso.

O desafío tamén deu conta da afección que hai na comarca pola costura.

O tempo récord situouse en 35 segundos e houbo premio para os tres primeiros postos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade