Un congreso debate en Vigo fórmulas para atraer consumidores de peixe
Expertos en saúde, consumo e nutrición participan no I congreso de Interfish-España
Aínda que o consumo de peixe en España segue dobrando a media mundial, os últimos anos amosan que a tendencia de compra cae. Ademais de promocionar os beneficios dos produtos do mar, o congreso 'Peixe, fonte de alimentación saudable analiza hoxe en Vigo, entre outros asuntos, as razóns deste descenso.
Agás no confinamento, cando a venda de peixe aumentou un 15 %, o consumo de produtos do mar acumula varios anos en descenso, en xeral, en España. En Galicia, a segunda poboación máis lonxeva de Europa, as campañas públicas para fomentalo chegaron a máis de 160.000 cativos desde 2010.
No primeiro congreso de Interfish, a interprofesional pesqueira, que se celebra en Vigo, expertos en saúde, nutrición e consumo analizan as razóns da tendencia descendente.
Os consumidores asocian os produtos do mar á alimentación saudable, pero os nenos e os adolescentes consomen catro veces menos peixe que os adultos.