Un cuarto de século para as campás galegas da catedral madrileña da Almudena
Tratárase das catro campás da torre oeste, chamada a torre dos galegos
Foran un agasallo do colectivo galego ao templo de Madrid
Caldas de Reis. A familia Ocampo leva aquí séculos facendo campás. O seu obradoiro segue conservando esa mesma beleza do traballo artesán, humilde e poderoso. As campás da Catedral de Santa María a Real da Almudena fixéronas eles.
Lembra Enrique López que fora o seu pai o artesán que as elaborou, e que el axudou. Sinala que celebran un cuarto de século esas catro campás da torre oeste, que pasou a chamarse torre dos galegos.
Botaban tres ou catro meses con cada unha delas e fixéronas dunha en unha, así que as ían entregando aos poucos. Do noso arquivo rescatamos un acto no que o daquela presidente da Xunta repenica ante a Casa de Galicia de Madrid dúas desas campás. Campás que logo serían protagonistas en certo acto do ano 2004.
Fóronas facendo unha a unha, así que as entregaron aos poucos. Eran un agasallo do colectivo galego á catedral madrileña, un xesto simbólico do vínculo entre Galicia e Madrid.