Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tellados da catedral de Ourense, dignos de coñecer

Os tellados da catedral de Ourense, dignos de coñecer

Unha perspectiva diferente da cidade e da súa historia

Comezaron co mes de abril, pero é nestes días de Semana Santa cando reciben máis participantes

G24.gal 07/04/2023 14:00

Nun grupo atopamos, sobre todo, turistas de vacacións na cidade, pero tamén unha familia de ourensáns que veñen buscando unha experiencia diferente dentro da súa propia cidade.

"Eu teño a idea de ver un Ourense distinto, con outros ollos. Faime ilusión", di Gloria, que participa en familia.

O acceso ao tellado é unha empinada escaleira de caracol, un camiño tortuoso, escuro, que se abre, de súpeto, ao ceo de Ourense.

"Un espazo maxestuoso, moi diferente. Non sei como explicalo. Déixame sen palabras", asegura un turista.

Ao espectáculo das vistas, que nos descobren unha perspectiva inédita da zona histórica, súmanse as explicacións de Noemia. Con bastante retranca, a guía vainos revelando as curiosidades dunha catedral case escondida, a fortaleza dunha cidade sen castelo.

Noemia Valado, guía da catedral de Ourense: "Está moi metida nas casas. A xente pensa que a temos moi tapada, pero non é iso, é que era o sitio para refuxiarse".

De cuberta en cuberta, e con algunha testemuña inesperada, imos afondando na traxectoria que seguiu este templo ata chegar ao día de hoxe. A visita aos tellados dura arredor dunha hora e continúa por outros espazos da catedral tamén dignos de coñecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade