Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un de cada dez vehículos non ten en regra a inspección técnica obrigatoria

Un de cada dez vehículos non ten en regra a inspección técnica obrigatoria

Máis de tres millóns de vehículos carecen desta revisión en vigor en todo o ámbito estatal

As aseguradoras eluden cubrir os danos do coche causante do sinistro se non pasou a ITV

ITV
Félix Aragunde 11/06/2024 20:17 Última actualización 11/06/2024 20:42

Preto do dez por cento do parque móbil carece da ITV en vigor, segundo un informe realizado a partir de datos da DXT. Isto supón que máis de tres millóns de vehículos non pasaron a inspección técnica en todo o ámbito estatal.

Por tipoloxías, a porcentaxe de vehículos sen a revisión obrigatoria varía sensiblemente. No caso dos automóbiles, un seis por cento non pasou a inspección, unha cifra que se dispara ata o 23 por cento no caso das motos, algo que non deixa de incrementar o risco de accidente.

Roberto Lucas, xerente dun concesionario: "Os coches que veñen rebotados da ITV en xeral veñen con razón. Eles revisan a suspensión, a freada, a dirección ou a ancoraxe da carrocería, que son elementos que inciden de forma relevante na seguridade".

Doutra banda, cómpre ter en conta unha cuestión moi importante tocante ás aseguradoras. E é que adoitan absterse de cubrir os danos do vehículo causante do sinistro no caso de non ter pasada a inspección técnica obrigatoria conforme a lei.

Carlos Maciñeiras, mediador de seguros: "A aseguradora poderíase retraer do pagamento das indemnizacións correspondentes por non ter a ITV en vigor. Ten dereito a non darlles cobertura aos danos causados. Sería responsable o dono do vehículo".

Os seguros si que cobren os danos a terceiros, pero mesmo poden acabar reclamándollos a quen provocou o accidente cun vehículo sen a ITV en regra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade