Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un de cada tres mozos recoñece que chatea ao volante

Un de cada tres mozos recoñece que chatea ao volante

Escribir ou ler un whatsapp mentres se conduce multiplica por catro as posibilidades de ter un accidente, segundo a Dirección Xeral de Tráfico

G24.gal 26/03/2024 13:02

Un de cada tres mozos recoñece que mira as súas mensaxes no móbil mentres conduce. Son os datos dun informe sobre os hábitos da xente nova ao volante e que lembra que as distraccións son o primeiro factor concorrente nos accidentes.

Mandar un whatsapp á vez que conduce multiplica por catro, segundo Tráfico, as posibilidades de ter un accidente.

Ao escribir ou ler unha mensaxe ao volante desvía a mirada da vía. Se circula a unha velocidade de 120 km/h estará percorrendo máis de 600 metros sen atender a calzada.

Malia a perigosidade, un de cada tres universitarios recoñece que emprega aplicacións de mensaxería mentres conduce segundo o informe 'Hábitos dos mozos ao volante'.

Usar o móbil mentres conduce son 200 euros de multa e a retirada de 6 puntos do carné de conducir, pero o peor é que unha distracción pode ser irreversible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade